Cor laranxa de solpor indicando a hora na que se agocha o sol no horizonte das illas Cíes

  /  Destacados   /  Cor laranxa de solpor indicando a hora na que se agocha o sol no horizonte das illas Cíes

Cor laranxa de solpor indicando a hora na que se agocha o sol no horizonte das illas Cíes

Cor laranxa de solpor indicando a hora na que se agocha o sol no horizonte das illas Cíes

Por solpor comprendemos a hora en que o sol se pon, é o feito de ocultarse este no horizonte. O sol sae polo leste e se agocha polo oeste, no crepúsculo e ocaso do día. Así ocorre na ría de Vigo, cando xeralmente o sol abre e inaugura o día pola enseada de San Simón e pecha a xornada polo oeste, onde se atopa o arquipélago das illas Cíes, resultando unha extraordinaria iluminación natural nos días despexados e mesmo parcialmente anubrados.

Deste xeito o contemplamos a través dunha outra sorprendente imaxe de Gainzafer, que nos ofrece esta instantánea dun espectacular solpor sobre o illote Boeiro ou Agoeiro. Dito illote está situado ao sur do faro do cabo de Vicos en San Martiño ou illa Sur do arquipélago das illas Cíes, na bocana de entrada á Ría de Vigo.

O arquipélago das illas Cíes conforma o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia xunto aos de Ons, Sálvora e Cortegada. Un solpor que reflexa sobre o mar un tesouro sen igual para conservar e desfrutar nas Rías Baixas de Galicia.

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: © Gainzafer

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This