Corvo mariño cristado descansando no seu niño, dentro dunha fenda

  /  FOTOBLOG   /  Corvo mariño cristado descansando no seu niño, dentro dunha fenda

Corvo mariño cristado descansando no seu niño, dentro dunha fenda

Corvo mariño cristado descansando no seu niño, dentro dunha fenda

Detalle dun corvo mariño cristado ou ghalo de mar (Phalacrocorax arsitotelis) dentro do seu niño no interior dunha fenda sobre a repisa dunha furna ou cova mariña no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Nas repisas destas furnas é onde adoitan facer os seus niños xa que deste xeito atópanse menos expostos e máis agochados frente aos seus potenciais depredadores. Xa ben sexan gatos asilvestrados, visóns americanos, ratas ou mesmo gaivotas patiamarelas e aves de rapiña. Unha imaxe de Fernando Rey Daluz.

 

Tamén che poden interesar os seguintes artigos:

 

Parella de corvo mariño cristado ou ghalo de mar en época nupcial

Corvo mariño cristado mergullando

O corvo mariño cristado. Introdución

Grupo de corvos mariños cristados descansando no litoral rochoso

A poboación actual de corvo mariño é un 60% menor da que había a comezos de 2000

Aproximación ás colonias de aves mariñas do Parque Nacional

 

Fai clic sobre a imaxe para podela ampliar.

Imaxe:

LuzLux

© ReyDaluz

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This