Excursionistas en Cíes no verán de 1922

  /  FOTOBLOG   /  Excursionistas en Cíes no verán de 1922

Excursionistas en Cíes no verán de 1922

Grupo de excursionistas desembarcando no areal de Nosa Señora nas illas Cíes. Verán de 1922.

A vestimenta dos visitantes marca o seu acomodado estatus social. As xiras marítimas pola ría de Vigo e as excursións ás illas Cíes comezaban a ser habituais nesa época, aínda que as coñecemos dende finais do século XIX.

Imaxe: 

Jaime Pacheco

Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Share This