Este xoves 24 de maio celébrase o Día Europeo dos Parques. “Cambia o clima, cambian os Parques”(*)
Actividades Día Europeo dos Parques no Parque Nacional:
Sábados 20 e 27 de maio e domingos 21 e 28 de maio.
Programación de actividades en Cíes, Ons e Centro de Visitantes, centro histórico de Vigo:
“CO CLIMA NON SE XOGA”
Illa de Ons, na caseta de información.
12:30 e 16:30 (o 21 so ás 16:30)
“COÑECES OS PARQUES NACIONAIS?”
En Ons e Cíes (casetas de información).
Panel-xogo de presentación dos 15 Parques Nacionais.
Para todos os públicos. No horario de apertura de casetas de información.
“E TI QUE PINTAS NAS ILLAS?”
En Ons e Cíes (casetas de información)
Xornada de debuxo para nenos.
No horario de apertura de caseta.
“XOGOS E LIBROS”
Illa de Ons (Centro de Visitantes, 16:00 a 19:00).
Xogos de mesa e lecturas sobre o clima.
“O CONTO DO SEÑOR CLIMA”
Centro de Visitantes do Parque Nacional en Vigo. Sesión de contacontos sobre o cambio climático. Público familiar.
“CINE EN VERDE”
Auditorio Centro de Visitantes do Parque Nacional en Vigo. Venres 26 e sábado 27.
(*Algunhas actividades xa se levaron a cabo. Consultar programación)
Europarc
Premer sobre a imaxe para consultar a programación: