FIN DE SEMANA NUNHA CONTORNA PRIVILEXIADA
Para os días 7 e 8 de Maio propómosche unha fin de semana diferente, para sinxelamente, vir e gozar da natureza da serra.
As actividades están enfocadas para que poidas desconectar do cotián, perdéndoche por entre bosques de castiñeiros e bidueiros.
Polas mañás e polas noites, antes de almorzar e para cear, teremos sesións de Kundalini Ioga, que ademais de reconstituir o corpo tras o trekking, axudaránnos a conectar coa contorna e os seus ritmos.
O aloxamento está incluído no albergue rural e o prezo da actividade completa é libre. En función das túas posibilidades e do que recibiches, estableces o que consideres que é xusto.
Prezo libre, aloxamento incluído.
Máis información e inscricións: info@ascorcerizas.com
Información e Reservas
Xeral: Centro de Educación Ambiental e Albergue As Corcerizas
info@ascorcerizas.com
Formación e Educación Ambiental: Amigos da Terra en Vigo
Rúa Velázquez Moreno, 9-2º.
36201 Vigo
Teléfono: (+34) 986 229 089
Albergue Rural: Amigos da Terra en As Corcerizas
Pista forestal Arnuide – San Mamede Km. 10
32705 – Arnuide. Vilar de Barrio. Ourense
Teléfono: (+34) 988 302 403
Como chegar:
As Corcerizas atópase a unha distancia de 50 Km. de Ourense, na montaña entre as vilas de Maceda e Xinzo de Limia. Forma parte do Concello de Vilar de Barrio, no monte comunal de Arnuide, pobo co que se comunica a través dunha pista a 10km. de distancia e que continúa ata o cumio da serra.
Facebook As Corcerizas
Web As Corcerizas