Kaiak e sendeirismo en Cortegada e ameixas de Carril

Portada » O Parque Nacional » Kaiak e sendeirismo en Cortegada e ameixas de Carril

Mai 9, 2016 | ACTUALIDADE

Sábado día 14, ruta en kaiak e sendeirismo na illa de Cortegada onde poderás descubrir a famosa ameixa de Carril finalizando cunha degustación no Hotel Carril.

Xa hai data para o próximo evento en kaiak, chega a “Visita illa de Cortegada”. Mediante unha ruta en kaiak e unha ruta de sendeirismo, descobre unha das illas que pertence ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Como empresa de turismo activo especializada nas actividades en kaiak, dende Piragüilla Lecer e Aventura desexan aproveitar os nosos recursos para facer chegar a todos un dos lugares máis importantes e recoñecidos de Galicia, a illa de Cortegada. Todo organizado nunha xornada lúdica e que se pode compartir con amigos e familia.

Empresa autorizada por: Parque Nacional das Illas Atlánticas

Esta actividade ten como punto central promocionar a illa de Cortegada, descubrindo unha contorna natural único e poñendo en valor todo un tesouro histórico e natural da nosa ría e da provincia de Pontevedra.
Como chegar á illa de Cortegada?:

Para chegar á illa de Cortegada é necesario utilizar unha embarcación. E se o uso de embarcación unímolo co goce realizando deporte e divertíndose na natureza dun modo ecolóxico e saudable, dános como resultado o kaiak, o mellor transporte para gozar da illa, o protagonista do evento “Visita illa de Cortegada”.  Conscientes da necesidade de manter a contorna limpa e o medio mariño coidado, o kaiak permite gozar dun lugar protexido como este sen alterar o ecosistema. Ademais, realizando actividades físicas en contornas naturais únicos como este permiten gozar de sensacións novas en contacto directo coa auga.

O evento “Visita illa de Cortegada” levaráse a cabo o sábado día 14 de maio. As 16:30 é a hora de inicio da ruta en kaiak que nos levará á illa desde a praia de Bamio.
O traxecto en kaiak transcorre pola desembocadura do río Ulla pasando polos criadeiros da ameixa de Carril. Unha vez accedamos á illa, procederemos a realizar unha ruta de sendeirismo da man da nosa guía do Parque Nacional Marta Iglesias, na cal poderemos coñecer a vexetación do lugar e os restos que se atopan nela dos antigos habitantes que se localizaban en Cortegada. Para finalizar a actividade, volveremos en kaiak até o porto de Carril, en Vilagarcía de Arousa. Deste xeito conseguimos unha actividade entretida e apta para diferentes idades, sendo a dificultade para realizalo mínima.

Podes realizar a inscrición para participar na “Visita illa de Cortegada” a través de:

Email: oficina@piraguilla.com

Teléfono: 625336323/4

O prezo por participante é de 20 euros por persoa. Dentro desta tarifa inclúese todo o material necesario para realizar a actividade, o seguro de R.C. e Accidentes, os monitores e a guía do Parque Nacional, a introdución ao mundo do paleo e a explicación do desenvolvemento da actividade, introdución ao mundo do mar e a ameixa de carril.

Ameixa de Carril

A ameixa de Carril é unha das máis valoradas das nosas rías. Os seus criadeiros aséntanse no banco de area que une a illa de Cortegada co pobo de Carril, en Vilagarcía de Arousa. Durante a nosa visita, os nosos monitores introduciranvos ao mundo do mar e a ameixa de Carril, a súa historia, tipoloxía e demais aspectos a coñecer dun produto tan cobizado como este en as nosas augas.
Ademais, para completar este descubrimento sobre a ameixa de Carril, todos aqueles que queiran poderán gozar dunha degustación.

Ao finalizar a actividade en kaiak chegaremos ao porto de Carril. Nas proximidades atópase o Hotel Carril, que co seu restaurante Placido é un referente na zona para gozar da boa cociña. Nas súas instalacións fronte á praia, ofreceremos unha degustación para todos aqueles participantes que o desexen. Deste xeito, se estás interesado en finalizar a xornada coa degustación, podes inscribirte nos contactos anteriormente facilitados.

O prezo da degustación é de 20 euros por persoa.

Esta degustación consiste no goce de dúas elaboracións de ameixas, empanadas variadas e albariño, sen dúbida todo un pracer para finalizar a tarde.

Non deixes escapar esta oportunidade e goza dun plan diferente para a tarde do sábado.

Máis información:

http://www.piraguilla.com/visita-isla-de-cortegada/

Email:  oficina@piraguilla.com

Teléfono: 625336323/4

www.piraguilla.com

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos