Presentacion documental o legado das rias galegas
Día 15 xuño ás 19:00 centro de visitantes do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia. Rúa Oliva nº 2, Vigo
Sinopse:
Galicia ten unha débeda pendente co mar, un mar que ao longo dos séculos entregóulle a súa riqueza natural. Un agasallo dun valor incalculable para a súa economía, gastronomía e a súa cultura.
Facer uso das Rías Galegas obriga a compromiso de conservación para esta e futuras xeracións. Con este documental preténdese pór un gran de area como pago desta débeda, é só un primeiro paso, realizando un esforzo pola divulgación e o coñecemento do valor natural das Rías Galegas.
Mostrando os incribles comportamentos das especies, divulgando a súa riqueza natural coma “vida salvaxe” plantamos a semente a un compromiso de procura do equilibrio entre produtividade e conservación.
Un documental para sorprendernos co comportamento e estratexias que utilizan as nosas especies para reproducirse, para defender á súa descendencia ou para depredar. Achegar este coñecemento fainos entender e valorar os ciclos naturais, dándolle sentido ao compromiso co desenvolvemento sustentable, co respecto aos ciclos de reprodución das especies, aos beneficios da creación de reservas, a medidas que nos axuden a preservar a nosa riqueza natural.
Unha longametraxe de 60 minutos, percorrendo durante anos o máis profundo das rías galegas, para mostrar “Vida salvaxe” baixo as augas do fin da terra.
Tráiler:
Produción: FRINSA
JJCANDAN PRODUCIÓNS.
Dirección, realización e guión: Jorge Candán
Imaxe: Jorge J. Candán, Juan Cuetos
Música: David Morais
Duración: 60 min