CURSO-OBRADOIRO METODOLOXÍA PARA A INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO
Do 7 ao 10 de xullo o experto en interpretación do patrimonio Jorge Morales Miranda volve ao CEIDA a impartir o Curso-obradoiro Metodoloxía para a Interpretación do Patrimonio: Procedementos e técnicas de comunicación para achegar o patrimonio natural e cultural ao público non-cautivo. A actividade está dirixida a traballadores/as con funcións en interpretación-presentación do patrimonio ao público, vinculados a sitios históricos, monumentos, xacementos, espazos naturais protexidos ou museos, xestores/as culturais, guías, responsables de programas de uso público, empresas de servizos turísticos, educadores ambientais, ou público xeral interesado en coñecer os novos enfoques e actualizacións da interpretación como estratexia de comunicación do patrimonio natural e cultural en entornos non formais.
A inscrición xa está aberta e as prazas son limitadas.
Máis información: http://www.ceida.org/formacion/curso-obradoiro-metodoloxia-para-interpretacion-do-patrimonio-0.html
Imaxe destacada:
Basilio Cegarra