ONG Solidarios anóminos e a D.X de Conservación da Natureza, cos colectivos con diversidade funcional
A atención ao visitante, con necesidades especiais, unido á ética e o compromiso social das entidades encargadas de divulgar os valores naturais e culturais dos espazos naturais, son as bases que inspiran a colaboración entre a ONG e o PNMTIAG.
A campaña de concienciación social leva a cabo actividades con distintos colectivos con necesidades de inclusión tales como: itinerarios guiados nas illas do Parque Nacional, educación e fomento de actitudes de respecto á natureza, confección de folletos e outras ferramentas sensoriais, así como, visitas guiadas de interese social e ambiental capaces de promover, de maneira activa, accións de integración natural para todos os públicos, sexa cal for a incapacidade ou afección.
Vídeo: “Dalle unha volta ao mundo”