III Festa de conmemoración da Batalla de Rande
Os días 14 dende as 17:00, e o 15 de outubro até as 22:00 no Museo Meirande-Centro de Interpretación da Batalla de Rande.
A Asociación Deportiva e Cultural de Rande (ADCRande), xunto co concello de Redondela, organiza outro ano máis a festa para conmemorar o evento histórico que supuxo a Batalla naval de Rande, no estreito de Rande da ría de Vigo, en 1702: Unha recreación histórica teatralizada dos feitos máis importantesa relacionados coa devandita Batalla, na que podes participar a través de obradoiros de teatro, confección de traxes de época e atrezo.
Colabora a Asociación de Empresarios de Redondela.