Mar, ceo e illas Cíes. Navega en veleiro a a través das estrelas
MENSAXE para aventureiros e amantes da navegación:
O vindeiro venrnes 23 de setembro propoñévovos unha travesía en veleiro moi especial.
Esta vez ofrecésevos vivir unha posta de sol sobre o mar a bordo dun velerio na enseada de Cíes.
Teremos a sorte tamén de poder observar: Venus, Marte e Saturno. Unha noite única na que poderédes desfrutar do mar, do ceo e das illas Cíes.
Un momento único que o noso guía astronómico aproveitará para explicárvos certos fenómenos que poden acontecer no horizonte.
Unha vez alí fondearáse o veleiro e explicaránse as estrelas máis importantes como son o triángulo de verán, a estrela polar e as constelacións que temos no noso ceo nocturno: circumpolares, zodiacais e estivais.
Tamén vos ensinarán a recoñecer os planetas sobre o fondo de estrelas xa que nesta data teremos a sorte de observar a primeira ollada Venus, Marte e Saturno.
*Inclúe picoteo a bordo.
¡Se queres vivir unha aventura, vente!
Duración: 4 horas
Horario: Saída do porto do Liceo de Bouzas ás 20.30 camiño da enseada de Cíes e regreso a porto ás 00:30
Prazas limitadas.
Produto: http://bluscus.es/
Bluscus: Turismo marinero en Galicia