Vive o outono nas illas!
Aquí tedes os cartaces coas actividades que se ofertan esta semana, tanto no Centro de Visitantes de Vigo, como nas illas Cíes e Ons. Anímadevos a participar!, hai actividades moi interesantes!
Axenda semanal actividades Parque Nacional
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza unha serie de actividades gratuítas dirixidas a diversos públicos, dentro da proposta de Uso Público do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, e enmarcada na proposta temática do aniversario dos Cen Anos de Parques Nacionais.
Nesta semana serán nas illas Cies , Ons e o centro de Visitantes do Parque Nacional en Vigo, rúa Palma nº 4 Centro Histórico de Vigo.
Esta proposta ten como obxectivo principal dar a coñecer os importantes valores do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e en xeral dos 15 Parques Nacionais existentes en España, como espazos naturais protexidos e cun valioso legado patrimonial.
Dentro das actividades algunhas delas están dirixidas a un público infantil ou familiar, así como actividades dirixidas a adultos. Todas elas ofreceránse tanto na fin de semana, como pola semana.
Estas actividades ofértanse nos arquipélagos de Cíes e Ons e no Centro de Visitantes do Parque Nacional no edificio Cambón do Centro Histórico de Vigo entre os días 3 e 9 de outubro entre as 09:00 e as 20:00 horas.
Solicitudes:
Prazas limitadas. Tódas as actividades requiren inscrición previa, salvo as marcadas (*).
Información e Inscrición en: Tódalas persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades, deberán reservar a súa praza a través das seguintes opcións:
– Puntos de Información das Illas Cíes e Ons
– Centro de Visitantes do PN (Edif. Cambón, Rúa Palma 4, Vigo)
– Ou no teléfono 886 218 082
Cada persoa poderá participar, como máximo, en dúas das actividades propostas dentro de cada arquipélago ou do Centro de Visitantes do Cambón, para favorecer a participación de máis persoas interesadas nas mesmas. Habilitarase tamén unha lista de espera, coa que cubrir posibles baixas.
Nas actividades familiares e nas infantís, os menores deberán ir acompañados de un adulto, e admitiranse como máximo dous menores ao seu cargo.
As actividades nas Illas serán gratuítas, pero cada persoa participante deberá asumir o transporte ao arquipélago.
No caso de no poder asistir á actividade, deberá anularse a reserva no teléfono facilitado do Centro de Visitantes do Cambón, como mínimo dous días antes do comezo da actividade, para favorecer que esa praza poida ser cuberta por outra persoa da lista de espera.
Calquera das actividades poderá ser anulada se as condicións meteorolóxicas son adversas ou por causas de forza maior.