Concurso de Fotografía “100 Anos na Rede de Parques Nacionais: Os parques nacionais e as súas xentes”
Prazo límite: 10/11/2016
Organiza: Organismo Autónomo Parques Nacionais
Este concurso convócase con motivo da celebración do centenario da primeira Lei de parques nacionais, publicada o 8 de decembro de 1916.
O obxectivo é promover, impulsar e valorar as achegas que os cidadáns realizan para favorecer o mellor e maior coñecemento da extraordinaria riqueza natural e humana que encerran o conxunto dos 15 parques nacionais que configuran a actual Rede. Coa achega dos participantes no concurso contribuirase a ampliar a visión conxunta da riqueza natural do territorio español.
BASES:
Participantes: Poderán concorrer á convocatoria persoas maiores de idade de calquera nacionalidade. Non poderán participar nel persoas vinculadas aos membros do xurado.
Tema: As fotografías deben estar inspiradas nos parques nacionais en España e as súas xentes: natureza, paisaxe humana, usos e aproveitamentos, historia, etc, e deberán estar realizadas nos mesmos.
Presentación de fotografías: Cada participante poderá presentar un máximo de cinco fotografas. As fotografías deben enviarse por correo electrónico a fotografiacentenariopn@oapn.es
Prazo de presentación: As fotografías admitiránse entre os días 1 de Outubro e 10 de Novembro.
Información:
Consultas as bases facendo clic aquí
Podes pinchar sobre a imaxe para ampliala
Imaxe destacada:
© Santiago Boado Aguinaga