Montes de Vigo e uso público. Programa actividades de outubro

Portada » O Parque Nacional » Montes de Vigo e uso público. Programa actividades de outubro

Out 6, 2016 | ACTUALIDADE

Montes de Vigo e uso público. Programa actividades de outubro

Esta pasada fin de semana arrincou o mes de outubro e con él o abano de actividades que Montes de Vigo xunto coas Comunidades de Montes Veciñais asociadas ofrece durante este mes á cidadanía viguesa (premer para descargar).

Algunhas actividades xa se realizaron pero aínda queda moito outono por diante.

Polo tanto, este outono 2016 os Montes de Vigo teñen unha programación chea de actividades e disfrute dos nosos espazos para os cidadáns de Vigo e quenes queiran achegarse. No blog montesdevigo.blogspot.com atópase a información extensa para aproveitar o máximo o monte. As fins de semana son aventura en plena natureza.

Programación:

1-2 outubro (quenda 1): Curso de iniciación á fotografía dixital na natureza (locais da C.M.V. de Castrelos)

2 outubro: I Marcha ciclista polos Montes de Vigo (Parque Forestal do Vixidador) (ver detalle)

12 outubro: Visita ao Parque botánico do Arco da Vella (montes da Entidade Local Menor de Bembrive)

15-16 outubro (quenda 2)Curso de iniciación á fotografía dixital na natureza (locais da C.M.V. de Castrelos)

22 outubro: Paseo polos montes de Oia e Saiáns, con magosto ao remate

29 outubroPaseo polos montes de Beade e Bembrive, con magosto ao remate

Máis información, contacto e inscricións:

Inscribirse no formulario online (premer aquí) ou no teléfono 608 84 89 89

Acceso ao programa completo (premer aquí)

Correo: montesdevigo.servizos@gmail.com

Montes de Vigo/www.montesdevigo.org

Facebook

Premer sobre as imaxes para as ampliar:

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos