XORNADA ‘OS VALORES DOS ESPAZOS NATURAIS GALEGOS’
Prezada/o amiga/o,
O vindeiro venres, 18 de novembro, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia e o CEIDA organizan a Xornada ‘Os Valores dos Espazos Naturais Galegos’ co fin de dar visibilidade a estes espazos que posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos ou científicos dos que a súa conservación merece unha atención preferente. A inscrición é de balde e as prazas son limitadas.
Programa:
10.00 – 10.15 h. Inauguración
10.15 – 11.00 h.
■ O Programa Formativo do Center for Protected Area Management, Colorado State University. D. James R. Barborak, Co-Director do Center for Protected Area Management, Universidade de Colorado.
11.00 – 11.30 h.
■ 100 anos de Parques Nacionais en España. O Parque Nacional das Illas Atlánticas. D. José Antonio Fernández Bouzas, Director Conservador do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
11.30 – 12.00 h. Pausa-café
12.30 – 14.00 h.
■ A Rede de Parques Naturais de Galicia. D. Alberto Otero Peña, Xefe de Servizo dos Parques Naturais de Galicia.
■ O CEIDA e a Conservación da Natureza en Galicia. D. Carlos Vales Vázquez, Director do CEIDA.
Inscrición
Entrada de balde
Prazas limitadas
Máis información e inscricións clicando aquí.
Premer sobre a imaxe para mirar o programa:
Imaxe destacada:
© Fernando Rey Daluz