Visita guiada “Percorre”. Vigo Pesqueiro
Este sábado día 3 de decembro, vólvese por en marcha unha das rutas PERCORRE. Nestas rutas pártese da Oficina de Turismo de Cánovas del Castillo, para realizar un percorrido no que irás coñecendo os aspectos máis curiosos do Vigo pesqueiro, especialmente pola zona do Berbés, que é a orixe do noso porto. A continuación entraráse nas instalacións do Porto de Vigo visitando un barco de pesca de altura, neste caso un gran buque conxelador chegado das Malvinas.
En toda a visita, dunha hora e media de duración, acompañarános unha guía especializada en Turismo Industrial, quen será a encargada de ir descubríndonos todos os segredos da pesca extractiva e en xeral de toda esta industria que fixo grande á nosa cidade.
Esperámosvos!
Inscricións en : info@vigopesqueiro.com ou no teléfono: 610 312 685
Prezo: 8 € por persoa