Xornadas sobre patrimonio, natureza e turismo en torno ás illas Estelas en Nigrán
A próxima fin de semana, venres 16 e sábado 17 de decembro, Nigrán acollerá as xornadas “Estelas, as illas próximas”
O programa comezará o venres 16 ás 18:00 horas no Auditorio Municipal coa apertura das xornadas por parte de Juan Antonio González, alcalde de Nigrán.
Programa:
Venres 16:
- Proxección do traballo artístico do Colectivo Latente “Monteferro, visión de 11 artistas”.
- “Estelas, a porta do vento”, a cargo do xornalista Juan Caballero.
- “Conservación dos valores naturais das Illas Atlánticas”, con Vicente Piorno, Técnico de Conservación do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
- “A igrexa de San Xoán de Panxón na súa paisaxe altomedieval”, impartido por José Carlos Sánchez Pardo, Investigador Ramón y Cajal, área de arqueoloxía, Universidade de Santiago de Compostela.
- “Xestión dos recursos patrimoniais e turísticos”, de Gustavo Adolfo Garrido García, Alarife, Instituto pro Patrimonio Galego.
- E para rematar, proxectaráse o documental “Stelas, as illas próximas”, de Borja Brun, que pechará esta primeira xornada.
Sábado, 17 :
Pola mañá, haberá unha andaina interpretativa dos valores naturais e patrimoniais do espazo Estelas-Monteferro, con saída ás 11:00 horas. A saída será dende o arco Visigótico de Panxón.
Máis información e contacto:
Correo, arqueoloxia@estela.info
Teléfonos 986 12 61 65 ou 677 164 635
Organiza: Estela, Arqueoloxía e Patrimonio
Colaboran: Deputación de Pontevedra e concello de Nigrán
Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:
Imaxe destacada:
© Paco Álvarez