Feb 9, 2017 | FOTOBLOG, TURISMO

San Martiño ou Sur das illas Cíes

Tan só accesible en embarcación privada, a illa de San Martiño ou Sur é a grande descoñecida e se cadra a máis misteriosa do arquipélago das illas Cíes xa que non existe liña de transporte regular a esta illa. O uso público está restrinxido ao seu espectacular areal para preservar a conservación deste magnífico territorio insular.

A illa Sur ou de San Martiño conforma xunto á illa do Medio ou de Montefaro e tamén a illa do Norte ou de Monteagudo o arquipélago das illas Cíes, incluído no Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e acompañada dos arquipélagos de  Ons, Sálvora e Cortegada. Unha imaxe de Fernando Rey Daluz.

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar

Imaxe: 

© Fernando Rey Daluz

Luzlux

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos