Cando o sol se agocha as augas do océano Atlántico tórnanse douradas
En moitas ocasións, mesmo no período invernal, nesta impresión, as augas do océano Atántico tórnanse douradas ao se agochar o sol, o solpor.
Unha imaxe reflectida a través da cámara de José A. Campos sobre a superficie marítima do entorno das illas Cíes, arquipélago emprazado na boca de entrada da ría de Vigo.
O arquipélago de Cíes, xunto aos de Ons, Sálvora e Cortegada, ubicados todos nas Rías Baixas de Galicia, conforman o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
É o único espazo natural de Galicia que conta con esta figura de protección. Así, está incluído na Red de Parques Nacionales de España que suman un valioso conxunto de 15 espazos naturais amparados baixo a figura de protección de Parque Nacional. Estes ecosistemas tan singulares están distribuídos entre a Península e o arquipélago das illas Canarias.
Tamén che poden interesar:
O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Presentación
Arquipélago das illas Cíes. Presentación
Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:
Imaxe:
© José A. Campos