Segundo Maratón fotográfico Starlight nas illas Cíes

Portada » O Parque Nacional » Segundo Maratón fotográfico Starlight nas illas Cíes

Mai 31, 2017 | ACTUALIDADE

Segundo Maratón fotográfico Starlight das illas Cíes

Noite do 22 ao 23 de xullo

Prazas limitadas

Noite pechada…, unha illa…, a túa cámara… e tres temas para interpretar o “Ceo dos Deuses”.

Así é o  Maratón fotográfico Starlight Illas Cíes, un concurso de fotografía nocturna creado para gozar, compartir e competir nun dos espazos naturais máis fascinantes do planeta.

As illas Cíes pertencen ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e contan entre outros encantos coa distinción de ser Destino Turístico Starlight pola conservación dos seus ceos libres de contaminación lumínica para a observación do firmamento.

Aquí, entre as máis belas postas de Sol sobre o Atlántico e os radiantes amenceres dende a mellor praia do mundo, esténdese unha noite máxica, cargada de fábulas e soños, de inquedanzas e ensinos, que só se revelan neste enclave, onde podes tocar o ceo.

Por iso os días 22 e 23 de xullo organizamos este 2º Maratón, para mostrar este ceo a quen aínda non o coñece, reunindo a amantes da observación da noite, a adictos a conversar baixo as estrelas, a ilusionistas da luz dos astros, entusiastas da fotografía nocturna capaces de captar a mellor instantánea para expola ao mundo e así preservar o ceo máxico das Illas dos Deuses.

Es un deles?, a que esperas para inscribirte…

Ligazóns de interese:

EsolympusMaratonStarlightCíes

Evento facebook

Ligazón inscricións

Mirar bases do concurso na web de Luzlux en PDF

Máis información en soporte@luzlux.com

Hagstag: #Maratonstarlightcies #Maratonstarlightcies2017

Luzlux

Starlight Cíes 2017

Imaxe destacada:

Autor: © Gozalo Corral

Tema: “Non estamos sós”. Título: Stargate

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos