A Herba leiteira emerxe de entre a area nas dunas das illas Cíes
As plantas dos areais e dunas litorais sobreviven en solos cun alto grao de salinidade. Así, nas dunas, no segundo cinto vexetal, na duna secundaria, xurde e emerxe unha planta perennne algo carnosa. É a Herba leiteira (Euphorbia paralias. L), perfectamente adaptada á salinidade, insolación e escaseza de auga doce nun entorno hostil, as dunas, onde non é doado sobrevivir.
A Herba leiteira (Euphorbia paralias. L) é quen de se adaptar a estas condicións tan extremas, mostrando na primavera o seu fulgor e apoxeo sobre as dunas das illas Cíes.
A través desta fermosa imaxe de José. A Campos, observámola acompañada nas dunas de Muxieiro das illas Cíes, por exemplares de Paxariños amarelos (Linaria polygalifolia) e mesmo Correola das praias (Convolvulus soldanella).
Aínda que non é abundante nas tres illas do arquipélago das Cíes, sí que aparece nas dunas de Muxieiro e Rodas (Montefaro e Monteagudo) e nas de San Martiño na illa Sur.
Trátase dunha planta orixinaria do litoral Mediterráneo en Europa e Norte de África. Tamén está presente no litoral Atlántico (dende o Magreb ata o mar do Norte) e arquipélagos de Madeira e Canarias.
A Herba leiteira segrega unha sorte de latex leitoso o rachar os talos, que se aplica en usos medicinais tradicionais para o tratamento de diferentes afeccións da pel como verrugas, durezas ou eccemas.
Tamén che poden interesar as seguintes entradas:
Paxariños amarelos decorando as dunas de Muxieiro nas illas Cíes
Introdución aos sistemas de dunas do Parque Nacional
Primavera, unha explosión de cor xorde nas dunas de praia Ladeira-A Ramallosa
Bioloxía reprodutiva da píllara das dunas no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
A herba de namorar tapiza e colorea a illa de Sálvora
Flora e vexetación das illas Cíes
Estudo florístico da illa de Ons