Cara leste de Monteagudo ou illa Norte das Cíes
Vista parcial da illa de Monteagudo ou Norte no arquipélago de Cíes a través dunha imaxe tomada por Paco Álvarez dende a praia de Melide. Nun primeiro plano atopámonos coa punta Robaleira e o seu faro.
O Monte Agudo, no centro da imaxe, acada os 182 metros e sen embargo a cota máxima da illa Norte e mesmo do arquipélago das Cíes está situada no chamado Alto de Cíes, a 198 metros de altitude sobre o nivel do mar, ao norte do Monte Agudo e na mesma illa.
O Alto das Cíes tamén é o punto máis alto dos catro arquipélagos que conforman o noso Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada). Sen embargo o Monte Agudo é o que acompaña e caracteriza a denominación de illa Norte das Cíes.
Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:
Imaxe: © Paco Álvarez