Descobre a cara máis oculta das illas Cíes con “Alecrin Actividades e Aventura”

Portada » O Parque Nacional » Descobre a cara máis oculta das illas Cíes con “Alecrin Actividades e Aventura”

Xul 13, 2017 | ACTUALIDADE

Descobre a cara máis oculta das illas Cíes con “Alecrin Actividades e Aventura”

Aquí atoparás moitos dos segredos deste paraíso

Levámoste á cara Oeste, á inmensidade dos xigantes, onde quedarás de pedra ao ver os cantís cos teus propios ollos.

Tras contemplar o solpor sobre o océano Atlántico, baixaremos á illa para desprazarnos ata o mellor punto de observación da bóveda celeste, acompañados dun guía con formación en astronomía.

Descubriremos marabillosas estrelas, enlazaremos constelacións e escoitaremos fascinantes historias que fixeron soñar aos nosos devanceiros, sempre acompañados polos sons nocturnos das illas Cíes.

Data: por determinar.

Saída: Náutico de Vigo ás 20:30 durante o mes de xullo.

Prezo: 50 € por persoa.

Inclúe: Barco, guía e seguro de responsabilidade civil durante toda a actividade.

Necesario grupo mínimo, até 11 persoas.

Reservas e información:

Emailalecrin.natural@yahoo.es

Teléfono: 677 525 930

*Actividade suxeita a cambios ou cancelacións por condicións adversas ou causas de forza maior.

Máis información e contacto:

Alecrin Actividades y Aventura

Facebook

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos