Navegando en kaiak ata a illa de San Simón

Portada » O Parque Nacional » Navegando en kaiak ata a illa de San Simón

Xul 31, 2017 | ACTUALIDADE

Navegando en kaiak ata a illa de San Simón

Ven a remar as augas da enseada de San Simón. Tras un tempo de aclimatación ao kaiak na zona resgardada do porto de Cesantes (Redondela), navegaremos ata a illa de San Simón onde unha guía especializada ensinaráche a descubrir todos os seus segredos.
Volveremos ás embarcacións, miraremos de preto a estatua de Jules Verne dende a súa base e regresaremos ao dito porto de Cesantes.

Data: actividade aberta para o domingo dia 6 de agosto.

Saída: dende peirao de Cesantes (á beira lonxa) ás 10:00 horas.
Regreso: ata o mesmo peirao ás 14.00 horas.

Prezo: 16 € por persoa.
Grupo máximo: 20 persoas.
Inclúe: monitor, guía en illa, praza en kaiak, seguro de R.C, chaleco e pa.

Que non cho conten, ven e víveo!!

* Actividade suxeita a cancelación por condicións atmosféricas adversas ou forza maior.

Máis información e contacto:

Alecrín Actividades y Aventura

Facebook

Premer sobre a imaxe para mirar o programa:

Imaxe destacada: © Basilio Cegarra

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos