IIII Concurso de relatos do Parque Nacional: “Historia, tradicións e lendas nas illas”

Portada » O Parque Nacional » IIII Concurso de relatos do Parque Nacional: “Historia, tradicións e lendas nas illas”

Nov 29, 2017 | ACTUALIDADE

III CONCURSO DE RELATOS DO PARQUE NACIONAL:  HISTORIA, TRADICIÓNS E LENDAS NAS ILLAS

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, organiza o III Concurso de Relatos do Parque Nacional baixo o lema:  HISTORIA, TRADICIÓNS E LENDAS NAS ILLAS

BASES DO CONCURSO:

1. PARTICIPANTES
O concurso ten dúas categorías:
Xuvenil: para participantes de 10 a 17 anos.
Adultos: a partir de 18 anos.

2. TEMÁTICA, EXTENSIÓN E FORMATO
A temática deberá estar relacionada coa historia, tradicións e lendas dos
distintos arquipiélagos do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas
Atlánticas de Galicia.
Estarán escritos en galego ou castelán.
Valorarase a calidade, orixinalidade, ritmo e creatividade narrativa.
Incluiranse dúas modalidades:

Relatos curtos: terán unha extensión mínima de 900 palabras e máxima de
1500 palabras.
Microrrelatos: terán unha extensión mínima de 150 palabras e máxima de
500 palabras.
Cada participante poderá concursar cun relato inédito para cada modalidade.

Consulta as bases do concurso AQUÍ

Imaxe destacada: © Biblioteca de Galicia

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos