A rede ECOMAR avanza na investigación de beneficios socio culturais das áreas mariñas protexidas

Portada » O Parque Nacional » A rede ECOMAR avanza na investigación de beneficios socio culturais das áreas mariñas protexidas

Xan 31, 2018 | ACTUALIDADE

A rede ECOMAR avanza na investigación de beneficios socio culturais das áreas mariñas protexidas

A Rede ECOMAR, financiada polo programa CYTED e coordinada polo profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC Sebastian Villasante, reuniuse estes días en Vigo para avaliar os avances da investigación sobre os beneficios globais socio culturais das áreas mariñas protexidas. Na xuntanza participaron investigadores das tres universidades galegas, da Fundación Lonxanet (España) e da Universidade de Aveiro (Portugal).

ecomar
Os investigadores reuníronse nesta ocasión en Vigo

ECOMAR avanzou tamén en dous ámbitos de actuación claves para a xestión das pesquerías artesanais. Por un lado, no estudo sobre a coherencia das políticas públicas no establecemento de áreas mariñas protexidas e a efectividade da regulación como proporcionadoras de servizos ecosistémicos socio-culturais. Por outro, a efectividade das áreas mariñas protexidas acostuma estar acompañada doutras medidas como a xestión do esforzo pesqueiro ou a adopción de medidas técnicas.

Logo dunha revisión global de 390 estudos, os investigadores concluíron que existen factores locais e aspectos das características do tipo de pesquerías facilitadores do éxito na xestión da pesca artesanal.

Imaxe destacada: © Suso Framil

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos