Por Rubén Tobío
Retomamos os labores de limpeza no Parque Nacional. Trátase de colaborar co Parque na limpeza dos residuos da praia de San Martiño e na retirada de todo o lixo acumulado de varios anos nunha zona da praia.
Esta illa é unha zona de acceso restrinxido do PN polo que é unha ocasión única para aquelas persoas que non coñezan este lugar o animarse a participar e colaborar nas tarefas de limpeza. A formulación é desprazarse ata a illa nun barco facilitado pola Autoridade Portuaria de Vigo. Desembarcaremos na praia e iremos reunindo o lixo e trasladándoa cuns sacos a bordo.
O desenvolvemento da actividade quedaría da seguinte forma:
Sábado. Día 26 de maio de 2018. No caso de non ser posible por condicións meteorolóxicas adversas posporíase para o seguinte fin de semana.
Ruta: do porto de Vigo á praia de San Martiño (Cíes)
- Limpeza da praia.
- Retirada do lixo ensacada ao barco da Autoridade portuaria de Vigo coa colaboración das embarcacións de SEGEM e Nabia e piraguas autovaciables.
- Charla explicativa sobre a importancia da Illa na navegación nos séculos XVIII e XIX.
Lugar: Illa de San Martiño. Parque Nacional Marítimo Terrestre dás Illas Atlánticas de Galicia.
Organiza: Porto de Vigo, Parque Nacional Maritimo Terrestre dás Illas Atlánticas e Federación Galega de Piragüismo.
Colabora: Nordes Kaiak, Club Kaiak de Mar Illas Atlánticas e Base KDM Cíes, Nabia, SEGEM.
Número de participantes: 17
Contacto responsable da actividade: Jaime Curral Barreiro.
666329569 – administracion@nordeskayak.com