O principal obxectivo do proxecto consiste en promover a actividade do turismo mariñeiro entre o colectivo de mariñeiros e seus familiares nas Rías Baixas de Galicia, especialmente no ámbito do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia a través da información e asistencia ao desenvolvemento de ditas actividades e formación como intérpretes do patrimonio marítimo‐costeiro facendo fincapé no Parque Nacional de forma que ao mesmo tempo se lles ensine a forma de amosar aos visitantes o patrimonio natural do Parque.
Este proxecto promove a creación de novas iniciativas xeradoras de emprego a través da diversificación da actividade pesqueira.
Ao fin de difundir entre o sector todos os aspectos vinculados ao desenvolvemento do turismo mariñeiro no entorno do PNMTIAG editouse o “Guía de Iniciación ao Turismo Mariñeiro no Ámbito de Influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas”. O documento é unha síntese dos principais valores patrimoniais que protexe o PNMTIAG, da súa xestión e normativa, das ferramentas da disciplina da Interpretación do Patrimonio e das boas prácticas ambientais en turismo mariñeiro.
Este manual predente ser un documento de referencia á hora de programar actividades para valorizar á actividade pesqueira e o patrimonio do Parque Nacional dun xeito eficaz e rigoroso; unha axuda para realizar actividades de calidade que se distingan por ser temáticas, organizadas, relevantes e amenas aos participantes.
DESCARGA DO MANUAL AQUÍ