Desfruta das actividades de verán no Centro de Visitantes das Illas Atlánticas

Portada » O Parque Nacional » Desfruta das actividades de verán no Centro de Visitantes das Illas Atlánticas

Ago 9, 2018 | ACTUALIDADE

O Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia continúa co seu programa de actividades de verán

Esta é a nov programación das actividades que terán lugar no Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, esta  semana do 6 ao 12 de Agosto baixo o título “EXPLORANDO A TERRA E O CEO“.
Aprenderemos sobre o noso ceo na charla do xoves, ás 19 h, ” O Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia como Destino Turístico Starlight”, e tamén o venres ás 19h. co documental de Cine en Verde “Historia del Universo: Sistemas Solares”.
E exploraremos as illas e os seus diferentes ecosistemas no obradoiro infantil do sábado ás 12h. “Explorando as Illas Atlánticas” (*).
Ademais, poderedes coñecer mellor o Centro de Visitantes e toda a información que contén sobre as Illas Atlánticas nalgunha das visitas guiadas que ofrecemos os martes ás 12h. da mañá e os mércores ás 19h. da tarde.
(*) Require inscición previa. A actividade infantil é para nenos/as a partir de 7 anos

Premer sobre a imaxe para ver programación

 

Para máis información e inscricións

TELÉFONO: 886218082
CENTRO DE VISITANTES: RÚA PALMA 1, CENTRO HISTÓRICO DE VIGO

Horario visitas verán Centro de Visitantes

Rúa Palma 1, Centro Histórico de Vigo

Martes a Sábados:

  • Mañás de 10:00h a 14:00h
  • Tardes de 17:00h a 20:30h

Domingos e festivos:

  • Mañás de 10:00h a 14:00h
  • Tardes: Pechado

Luns: Pechado (incluído festivos)

Imaxe destacada: © Fernando Rey Daluz

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos