AMPLIACIÓN DO PROGRAMA DE RUTAS GUIADAS “DESCUBRINDO O PARQUE NACIONAL”
O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia ven de ampliar o número de rutas guiadas ofertadas para este semestre dentro do programa “Descubrindo o Parque Nacional” esta primavera.
As novas rutas ofertadas son:
– A Sálvora: venres 5 e venres 26 de abril. Saída ás 9:45 no porto de Aguiño (Ribeira). Voltarase ás 14:15h aprox.
– A Cortegada: venres 29 de marzo (10:30 no porto de Carril, volta ás 13:45 aprox) e martes 30 de abril (ás 11:00 no porto deportivo de Vilagarcía e volta ás 14:15 aproximadamente).
Para reservar a praza deberás entrar en plataforma de reservas: http://
Lembrar tamén que so se pode participar e apuntar nunha soa das rutas ofertadas polo Parque nestes meses de marzo e abril.