Faros do Parque Nacional: Monte Faro, illas Cíes (I)

Portada » O Parque Nacional » Faros do Parque Nacional: Monte Faro, illas Cíes (I)

Nov 10, 2015 | HISTORIA

Construído entre 1851-1853 en Monte Faro, a 181 metros de altura, habilitaríase para apoiar a seguridade da navegación marítima.

A súa posición no alto do monte foi criticada xa que en situacións de néboa espesa non se apreciaba a luz que debía servir de referencia ás distintas embarcacións. Engadíronse posteriormente outros faros ás illas Cíes para mellorar a seguridade do tráfico marítimo. Así contamos tamén nas Cíes cos faros da Porta, Peito, Bicos e o do illote Boeiro.

O mesmo ocorrería noutros puntos da ría de Vigo como en cabo Home, Cabo Silleiro, Borneira, Tofiño ou A Guía.

O faro de Monte Faro de Cíes, foi unha obra de enxeñaría relevante, xa que houbo que lle recortar varios metros ao cume do monte para lograr así unha base horizontal onde poder establecer a infraestrutura, e pola execución do sinuoso acceso en zig-zag até o faro dende o peirao de servizo. Primeiro en Nosa Señora e hoxe en Carracido.

Dende a súa posta en funcionamento no ano 1853 e até 1952 estaba habitado por torreiros e os seus familiares, quenes formarían parte da poboación insular, achegando habitualmente asistencia educativa aos habitantes das illas.

Unha vez automatizado o faro en 1952, os torreiros e as súas familias deixarían de ocupalo, aínda que seguiría sendo frecuentado polos técnicos do porto de Vigo para abastecer e transportar o combustible até o alto do faro. Este servizo chegaría a ser proporcionado moitas veces por familias destas illas, aínda que foi interrompido en 1972, ao contar os técnicos do porto cun vehículo que subía as botellas de acetileno ao faro. Tratábase do curioso Vitrasín.

O faro de Cíes funciona automaticamente con electricidade, a partir da enerxía solar capturada a través de paneis fotovoltaicos dende os anos 80.

As condicións de vida eran moi difíciles nun lugar tan exposto ao vento, a choiva e mesmo a insolación, ademais da extremada salinidade, polo que tamén se deterioraban facilmente as instalacións. Aseos, vivenda (suprimida a finais dos anos 70) e alxibe completaban o equipamento, xunto á torre e lanterna.

Por tanto eran moi frecuentes as solicitudes dos torreiros das illas Cíes para cambiar de destino pola dureza de vida alí.

Tamén eran habituais nun lugar tan exposto, as ocasións en que con treboadas caían faíscas eléctricas sobre o edificio.

Dende esta privilexiada atalaia contemplamos ademais o Océano Atlántico, a illa Sur ou de San Martiño, o freu ou canle dá Porta, a illa norte ou de Monteagudo ou as bocas de entrada e saída da ría (norte e sur).

Tamén illotes como Viños, Carabelos, Ruzo, Boeiro e o continente, Costa da Vela, O Morrazo, Vigo, Nigrán, Gondomar, Baiona, serras do Galiñeiro e A Groba até cabo Silleiro. Mesmo en días claros míranse os arquipélagos de Ons e de Sálvora.

Continuará…

Imaxes: 

– Lanterna faro de Cíes (imaxe destacada): Pedro Figueras.

– Supresión da vivenda que rodeaba á torre do Faro de Cíes: Arquivo Autoridade Portuaria de Vigo.

– Torre e lanterna actual: Santiago Boado Aguinaga.

– Faro do Peito, illa Norte: Pedro Figueras.

– Faro da Porta: Pedro Figueras.

– Proxecto faro de Bicos: Santiago Boado Aguinaga.

– Buque de apoio aos faros “Ramiro Pascual”: Arquivo Autoridade Portuaria de Vigo.

– Buque balizador “Rías Bajas”, aínda en servizo:  Arquivo Autoridade Portuaria de Vigo.

– Buque balizador de apoio aos faros”Rías Bajas”:  Arquivo Autoridade Portuaria de Vigo.

– Vitrasín baixando do camiño do faro:  Arquivo Autoridade Portuaria de Vigo.

– Peirao de servizo ao faro de Carracido: Pedro Figueras.

– Vitrasín restaurado: Santiago Boado Aguinaga.

– Vehículo para subministro de combustible ao faro: Santiago Boado Aguinaga.

– Detalle interior Vitrasín: Santiago Boado Aguinaga.

– Vitrasín: Santiago Boado Aguinaga.

– Detalle Vitrasín: Santiago Boado Aguinaga.

– Detalle faro do Peito: Pedro Figueras.

– Detalle faro da Porta: Pedro Figueras.

– Selo Faro de Cíes: Santiago Boado Aguinaga.

– Memoria Faro Bicos: Santiago Boado Aguinaga.

– Detalle proxecto faro, illa Sur: Santiago Boado Aguinaga.

– Proxecto para faro na illa Sur: Santiago Boado Aguinaga.

– Proxecto faro de Bicos: Santiago Boado Aguinaga.

– Anteproxecto faro de Cíes: Santiago Boado Aguinaga.

– Anteproxecto para un faro no cabo de Bicos: Santiago Boado Aguinaga.

– Detalle proxecto lanterna faro de Cíes: Santiago Boado Aguinaga.

– Documentación faros de Cíes: Santiago Boado Aguinaga.

– Estudos para a lanterna do Faro: Santiago Boado Aguinaga.

– Libro correspondencia torreiros de Cíes: Santiago Boado Aguinaga.

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...