O fotógrafo e biólogo especializado en conservación de espazos naturais e medio ambiente, Fernando Rey Daluz, inaugura o vindeiro sábado 19 de decembro ás 12.00h a exposición fotográfica El Cielo de los Dioses, onde se poderá gozar dos ceos nocturnos do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
A exposición permanecerá aberta entre o 19 de decembro e o 24 de xaneiro de 2016.