O arquipélago de Cortegada. Presentación

Portada » O Parque Nacional » O arquipélago de Cortegada. Presentación

Feb 3, 2016 | TURISMO

Parque Nacional marítimo-terrestre das illas Atlánticas de Galicia. Arquipélagos de Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada.

O arquipélago de Cortegada (Carril-Vilagarcía de Arousa) con 191 hectáreas (44 terrestres e 147 marítimas). Está situado no interior da ría de Arousa, preto do esteiro do río Ulla, presentando características moi diferentes ao resto dos arquipélagos que compoñen o Parque Nacional.

Consta dunha illa principal, Cortegada, e outras illas e illotes menores como As MalveirasO Con e Briñas.

A illa de Cortegada é visitable dende o porto de Carril a uns 500 m.

Esta illa presenta un perfil case chá cunha altitude máxima de 19 m. O seu carácter estuárico fai que sexa moi diferente do resto das illas oceánicas do Parque, cuberta practicamente por unha frondosa masa forestal húmida na que destaca o seu bosque de loureiros. É dos maiores de Europa. Destacan outras especies como carballos, cerquiños, salgueiros e amieiros.

É impresionante a diversidade e riqueza que posúe de diferentes especies de fungos e gogomelos. Están catalogadas máis de 500.

Na illa Malveira Grande existe un dos poucos bosques de cerquiños da costa atlántica.

Conta cunha abundante presenza de aves forestais (azor, miñato, paporrubio, petos, curuxa, avenoiteira, ferreiriño, xirín, carrizo, pomba, rula, garrapino ou gabeador) acuáticas e mariñas (anátidas, limícolas, garzas e garcetas, gaivotas patiamarelas e choronas ou corvo mariño grande).

Dispón dun Punto de Información e un itinerario sinalizado circular con diferentes paradas e autoguiado a través dun folleto.

Elementos e lugares destacables son os restos da ermida da Virxe dos Miragres e a da aldea, os cruceiros, os areais, o “miradoiro da ría”. Tamén o parque acuícola, coas súas singulares parcelas de cultivo da ameixa entre Cortegada Carril, aínda que fóra dos límites do Parque.

Imaxes:

Cíes.gal

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos