Feb 18, 2016 | NATUREZA, VIDEOBLOG

Serras prelitorais da ría de Vigo no entorno das illas do Parque Nacional.

No monte Alba, en Vigo, nas serras prelitorais do sur das rías baixas de Galicia, a 400 metros de altitudepresenciamos a pausada actividade do gando bovino. Vacas e xatos entre néboa e humidade aínda que na primavera. Son rumiantes en réxime de semiliberdade que se alimentan en pasteiros de montaña entre xestas, fentos, abrótegas, pirus, piñeiros, carballos americanos ou castiñeiros.

Reina a calma e a tranquilidade, a pausa. Xatos amamantándose e descansando para facer a dixestión.

Estas cadeas montañosas constitúen un cinto verde da cidade de Vigo onde abundan as áreas recreativas, os parques forestais e os itinerarios sinalizados (de grande percorrido, de pequeno percorrido e sendeiros locais) para o seu uso recreativo e deportivo.

Imaxe destacada: Paco Álvarez

Vídeo: © Basilio Cegarra

Santiago Boado Aguinaga
Author: Santiago Boado Aguinaga

Santi Boado é licenciado en Historia pola Universidade de Santiago. Investigador, divulgador e redactor. Naturalista vocacional, ten formación en comercialización e información turística, interpretación do patrimonio e educación ambiental. Exerce de guía-intérprete en espazos con valor patrimonial. Tamén é guía acreditado do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e membro da Asociación de Guías Acreditados das Illas Atlánticas de Galicia-Agaia, do clube de montaña Pena Trevinca-Montañeiros de Galicia e da Seo-Birdlife.

Otros artículos