
Vacas na néboa. Monte Alba, Vigo
Serras prelitorais da ría de Vigo no entorno das illas do Parque Nacional.
No monte Alba, en Vigo, nas serras prelitorais do sur das rías baixas de Galicia, a 400 metros de altitude, presenciamos a pausada actividade do gando bovino. Vacas e xatos entre néboa e humidade aínda que na primavera. Son rumiantes en réxime de semiliberdade que se alimentan en pasteiros de montaña entre xestas, fentos, abrótegas, pirus, piñeiros, carballos americanos ou castiñeiros.
Reina a calma e a tranquilidade, a pausa. Xatos amamantándose e descansando para facer a dixestión.
Estas cadeas montañosas constitúen un cinto verde da cidade de Vigo onde abundan as áreas recreativas, os parques forestais e os itinerarios sinalizados (de grande percorrido, de pequeno percorrido e sendeiros locais) para o seu uso recreativo e deportivo.
Imaxe destacada: Paco Álvarez
Vídeo: © Basilio Cegarra