Mar 10, 2016 | ACTUALIDADE

FIO celebra do 11 ao 13 de marzo de 2016 a súa 11ª edición. O Parque Nacional de Monfragüe acolle un ano máis unha cita obrigada para os profesionais e os afeccionados á natureza. Neste once anos a Feira Internacional de Turismo Ornitolóxico puxo a Estremadura no mapa mundial da observación de aves e converteuse no certame máis importante do seu xénero no sur de Europa. É a decana das feiras en España.
Descobre que leva a case un centenar de expositores e a máis de 10.000 visitantes a desprazarse até o corazón de Monfragüe. A feira, organizada pola Junta de Extremadura, reúne o mellor do turismo de natureza e a ornitoloxía, nun formato de foro aberto: unha ampla presenza de empresas especializadas, institucións públicas e asociacións conservacionistas, encontros entre profesionais, unha programación que combina o aspecto empresarial e o lúdico e, sobre todo, a participación de expertos e público nas actividades: xornadas técnicas, talleres profesionais, concurso de fotografía, rutas guiadas, sesións infantís.

 

Catálogo en PDF

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos