Roteiro pola protección das carballeiras do Ermelo

Portada » O Parque Nacional » Roteiro pola protección das carballeiras do Ermelo

Mar 16, 2016 | ACTUALIDADE

Este domingo, 20 de marzo, a Plataforma montes do Morrazo ten programada unha nova saída para coñecer os nosos montes. Desta volta a andaina terá como obxectivo dar a coñecer as carballeiras de Ermelo.
A saída será ás 10 da mañá desde a Casa da Aldea de Meiro (Bueu) para chegar ao mesmo lugar ao redor das 14h. Recomendable levar calzado e roupa cómoda, e se é posible, compartir o coche.

Máis información:

Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

defendeomorrazo@gmail.com

carballeiras ermelo I

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos