O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia foi declarado Destino Turístico Starlight, o que supón o recoñecemento da calidade dos seus ceos, o compromiso coa preservación de condicións de pouca luz e a existencia de iniciativas turísticas relacionadas coa contemplación do ceo como unha parte esencial da natureza. Estas son ofrecidas por empresas que exercen a súa actividade no Parque Nacional e inclúen actividades como rutas dramatizadas ligadas aos sons da noite, navegación nocturna seguindo as técnicas dos antigos mariñeiros, obradoiros de fotografía, visitas familiares guiadas, campamentos baixos as estrelas, observación do ceo nocturno con astrónomos, contacontos ou experiencias gastroastronómicas.
CAMPING ISLAS CÍES & MAR DE ONS
GUÍAS MALOUCO & ESCAPADA RÍAS BAIXAS
Máis información en: Parque Nacional das Illas Atlánticas, Rúa Oliva, 3, 36202, Vigo, 886218090 e www.parquenacionalillasatlanticas.com