Astronomía nas illas Cíes, actividades Starlight en agosto
O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Astronomía e Radio Astronomía, e o camping illas Cíes levarán a cabo actividades de astronomía para todos os públicos no arquipélago das illas Cíes, co obxectivo de achegar a astronomía ao público en xeral
Así, instalouse un planetario portátil nas illas Cíes, que estará en funcionamento estará até o día 11 de agosto.
Estes días, á noite, se as condicións meteorolóxicas permíteno, realizarase unha observación astronómica guiada e compartida, para observar tanto as cores das estrelas como as constelacións, os cúmulos globulares, as galaxias, ou infinidade de obxectos espaciais (Starlight) sobre o escuro ceo das Illas Atlánticas como a Estación Espacial Internacional (ISS), o Telescopio Espacial Hubble, u outros satélites artificiais.
Pero é seguro, que un dos seus principais atraentes da noite das illas Cíes sera a observación do ceo acompañados das estrelas fugaces Perseidas. O famoso radiante das bágoas de San Lorenzo neste momento está moi activo e vai aumentando de forma exponencial día a día, até que nos acheguemos ao día 11 pola noite, cunha actividade máxima estipulada de 50 Perseidas á hora.
Premer sobre a imaxe para a ampliar:
Aínda que nos perderemos os meteoros máis tenues, unha das vantaxes das Perseidas é que é unha choiva de estrelas rica en meteoros luminosos. Non estará entre as choivas máis activas das que desfrutaremos, pero vai ser do mesmo xeito un gran espectáculo que non deberías perder. Unha maneira moi recomendable de pasar unha noite de verán.
Como na maioría de choivas de estrelas, o mellor momento para observala son as horas previas ao amencer. Se non queres trasnoitar, terás que esperar a medianoite. Até ese momento, a radiante, o punto do que parecen proceder as estrelas fugaces estará por baixo do horizonte.
Cando ver a choiva de estrelas Perseidas 2017?
As Perseidas son produto dos restos deixados tras de sí polo cometa Swift-Tuttle. Cada ano, do 17 de xullo ao 24 de agosto, a Terra percorre esa rexión do espazo. O pico de actividade, a mellor noite para observar o firmamento, será a madrugada do 12 ao 13 de agosto. Pero tanto antes como despois do pico de actividade poderás ter oportunidade de ver algún bólido. Iso sí, a frecuencia será moito máis baixa.
Premer sobre a imaxe para a ampliar:
Para gozar das Perseidas non necesitas ningún aparello. Pero si é moi recomendable que busques un lugar cun ceo o máis escuro posible e que esperes 30 minutos para deixar que a túa vista adáptese á escuridade. Para iso o Parque Nacional ten uns lugares máxicos onde observar as nosas Perseidas (ver mapas en tríptico).
Como este ano a Lúa vai ser un factor en contra, é importante que nos afastemos das cidades para gozar da maior cantidade de escuridade posible. Ademais, terás que buscar un lugar no que poidas gozar dun ceo o máis aberto posible.
As Perseidas son, probablemente, a choiva de estrelas máis popular do ano. Un factor importante é que sucede en agosto, data tradicional de vacacións para moito.
Debemos destacar que as actividades de observación de estrelas teñen moi boa acollida entre as persoasque visitan as nosas illas.
Imaxe destacada:
Autor: © Gonzalo Corral
Tema: “Non estamos sós”. Título: Stargate Luzlux