Andaina pola protección da serra do Galiñeiro

Portada » O Parque Nacional » Andaina pola protección da serra do Galiñeiro

Abr 14, 2016 | ACTUALIDADE

VI Andaina pola protección da serra do Galiñeiro

Amigos e amigas do Galiñeiro:  Este domingo 17 de abril temos unha cita.

Esta Plataforma convoca á VI Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro, que tivo que ser suspendida o pasado día 4 de outubro a causa das condicións meteorolóxicas. A saída terá lugar no mesmo lugar de entón: a capela de S. Xosé de Prado (Morgadáns, Gondomar), ás 10.30 h. da mañá. Despoislevaráse a cabo un percorrido circular pola serra, voltando ao punto do inicio en torno ás 14.30 h. A continuación desfrutaráse dun merecido descanso e das intervencións dos/as artistas convidados/as que se uniron altruistamente á causa do Galiñeiro.

www.serradogalinheiro.org

Galiñeiro Andaina

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos