Presentación dos anfibios e réptiles do Parque Nacional

Portada » O Parque Nacional » Presentación dos anfibios e réptiles do Parque Nacional

Nov 10, 2015 | NATUREZA

Só hai tres especies de anfibios presentes nas illas do Parque Nacional onde predominan os ambientes secos, con vexetación moi mesta e escasos asolagamentos de auga doce.

Son os pintafontes ibéricos (en Ons e Sálvora), o sapiño pintoxo (en Ons e Sálvora) e a píntega común (na illa Sur de Cíes, Ons e Sálvora).

Temos que destacar á píntega común das illas Atlánticas, que aínda que xeralmente pon as larvas na auga (reprodución ovovivípera), aquí se reproduce de forma vivípera, parindo en terra ás crías xa metamorfoseadas. É moi abondosa en Ons, presentando os exemplares un grao de melanismo maior do habitual, cun predominio da cor negra e escaseando as manchas amarelas no corpo.

A abundancia de horas de sol, grandes bloques de pedra e matogueiras secas que hai no Parque constitúen un ambiente óptimo para diversos réptiles.

Están representados nove especies: lagarto arnau, de até 40 cm (en todas as illas), lagarta común (Cortegada), lagarta dos penedos (Cíes, Ons e Sálvora), escáncer común (Cíes, Ons e Sálvora), esgonzo de patas común (en todas as illas), esgonzo de patas ibérico (Cíes), cobra lagarteira (en todas as illas), cobra de escada (Ons) e cobra viperina (Ons e Cíes).

Os esgonzos son lagartos que no seu proceso evolutivo perderon as patas ou as teñen moi atrofiadas.

As cobras do Parque son inofensivas e miden entre os 60-80 cm da cobra lisa meridional, os 65cm-1m da cobra viperina (é frecuente mirala en rochas litorais e charcas intermareais alimentándose de pequenos peixes) e os 135 cm da cobra de escada, a maior das tres e que non está representada nas Cíes.

 

Imaxes:

– Lagarto arnau (imaxe destacada): Pedro Figueras.

– Esgonzo de patas común: Benny Trapp (Own work) [GFDL or CC BY 3.0], via Wikimedia Commons

– Esgonzo de patas ibérico: David Perez (Own work) [GFDL or CC BY 3.0], via Wikimedia Commons

– Cobra lagarteira: Eduard Solà (Own work) [CC BY-SA 3.0], via Wikimedia Commons

– Píntega común: Szydlo Stanislaw [CC BY-SA 3.0], via Wikimedia Commons

– Escáncer:Anguidae“. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons.

– Cobra viperina: Haplochromis (Own work) [GFDL, CC-BY-SA-3.0 or CC BY-SA 2.5-2.0-1.0], via Wikimedia Commons

– Cobra de escada 1:  via Wikimedia Commons

– Sapiño pintoxo:  via Wikimedia Commons

– Lagarta dos penedos 1:  via Wikimedia Commons

– Cobra de escada 2:  via Wikimedia Commons

– Lagarta dos penedos 2:  via Wikimedia Commons

– Pintafontes:  via Wikimedia Commons

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos