Areal de Figueiras en soidade nas Illas Cíes

Portada » O Parque Nacional » Areal de Figueiras en soidade nas Illas Cíes

Xul 1, 2018 | FOTOBLOG, TURISMO

Areal de Figueiras en soidade nas Illas Cíes

Idílico areal de tradición nudista, dos primeiras de Galicia, tamén é coñecida co nome de praia dos Alemáns.

Esta outra denominación fai referencia a unha familia desta nacionalidade afincada en Vigo, os Steimbrüggen. Aquí montaban o seu campamento na época estival, alá polos anos 50/60 do pasado século XX.

Ao fondo da praia hai unha pequena cala, Figueiriñas.

Este areal está situado na illa de Monteagudo ou Norte, protexida en parte dos ventos do sur polo sistema de dunas de Muxieiro. Destaca o seu fino gran de area de cor moi branca, que adopta un peculiar son ao ser pisado, as súas augas turquesas, limpas e cristalinas. Cabe destacar que Figueiras conta con abondosas zonas de sombra durante todo o día, malia ser proporcionada por eucaliptos de gran porte.

Neste areal tamén desauga un pequeno regato case seco no verán.

Destacar ao norte do areal os restos dunha praia fósil.

Tamén podes ver:

FOTOBLOG-TURISMO: Areal de Figueiras. Illas Cíes (I)

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe:© José A. Campos

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos