Axenda semanal actividades Parque Nacional

Portada » O Parque Nacional » Axenda semanal actividades Parque Nacional

Set 12, 2016 | ACTUALIDADE

AXENDA DE ACTIVIDADES SEMANAL DO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA (12 DE SETEMBRO – 18 DE SETEMBRO)

A continuación detállanse as características das actividades que se ofertan:

ARQUIPÉLAGO DE CÍES
Martes 13 ás 12:00h, Actividade con Guía “As árbores das illas” (público xeral).
Xoves 15 ás 12:30h, Actividade “Cen Anos de Parques Nacionais”, esta semana adicada ao Parque Nacional de Sierra Nevada (público familiar, nen@s a partir de 8 anos).
Venres 16 ás 12:30h, Actividade en Familia “Xogando a aprender máis sobre as especies das illas”(público familiar, nen@s a partir de 5 anos).
Actividade nocturna: Venres 16 ás 22:00 h, proxección documental “NO LOMBO DA BALEA II” (público xeral).
Domingo 18 ás 12:00h, Actividade con Guía Actividade con Guía “A vida no fondo do mar” (Adultos).

ARQUIPÉLAGO DE ONS
Luns 12 ás 12:15h, Actividade (tódolos públicos). “Xogos tradicionais da illa de Ons”.
Mércores 14 ás 12:30h, Actividade “Cen Anos de Parques Nacionais”, esta semana adicada ao Parque Nacional de Sierra Nevada (público familiar, nen@s a partir de 8 anos).
Xoves 15 ás 12:30h, Actividade en Familia “Xogando a aprender máis sobre as especies das illas” (público familiar, nen@s a partir de 5 anos).
Sábado 17 ás 12:00h, Actividade con Guía “As bolboretas do PN de Illas Atlánticas” (público xeral).
Actividade nocturna: Sábado 17 ás 22:00 h, proxección documental “NO LOMBO DA BALEA II” (Adultos).

CENTRO DE VISITANTES DO CAMBÓN (Vigo)
Martes 13 ás 19:00h, Actividade Cultural (adultos) “Os fondos mariños do Parque Nacional”(*)
Xoves 15 ás 18:30h, Actividade Infantil “Adiviña quen son” (Público infantil a partir de 5 anos).
Venres 16 ás 19:00h, Cine en Verde: “No Lombo da Balea II” (*) (Adultos).
Sábado 17 ás 12:00h, Actividade en Familia “Xogando a aprender máis sobre as especies das illas” (público familiar, nen@s a partir de 5 anos).
Domingo 18 ás 12:00h, Actividade “Cen Anos de Parques Nacionais”, esta semana adicada ao Parque Nacional de Sierra Nevada (público familiar, nen@s a partir de 8 anos).

Solicitudes
Prazas limitadas. Todas as actividades requiren inscrición previa, salvo as marcadas (*).
Información e Inscrición en: Todas as persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades, deberán reservar a súa praza a través das seguintes opcións:
– Puntos de Información das Illas Cíes e Ons
– Centro de Visitantes do PN (Edif. Cambón, Rúa Palma 4, Vigo)
– Ou no teléfono 886 218 082

Cada persoa poderá participar, como máximo, en dúas das actividades propostas dentro de cada arquipélago ou do Centro de Visitantes do Cambón, para favorecer a participación de máis persoas interesadas nas mesmas. Habilitarase tamén unha lista de espera, coa que cubrir posibles baixas.

Nas actividades familiares e nas infantís, os menores deberán ir acompañados de un adulto, e admitiranse como máximo dous menores ao seu cargo.

As actividades nas Illas serán gratuítas, pero cada persoa participante deberá asumir o transporte ao arquipélago.

No caso de no poder asistir á actividade, deberá anularse a reserva no teléfono facilitado do Centro de Visitantes do Cambón, como mínimo dous días antes do comezo da actividade, para favorecer que esa praza poida ser cuberta por outra persoa da lista de espera.

Calquera das actividades poderá ser anulada se as condicións meteorolóxicas son adversas ou por causas de forza maior.

Tamen tedes rutas guiadas temáticas e xerais que fan os guías do Parque todolos días dende as casetas de información: Cies: Entre mareas, O segredo de Rodas e alto do Principe. Ons: un pobo no mar

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos