Barrio de Curro. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XXIX)

Portada » O Parque Nacional » Barrio de Curro. Os seus lugares. “Ons: unha illa habitada”. Capítulo 4 (XXIX)

Nov 16, 2017 | BIBLIOGRAFÍA, HISTORIA

Ons: unha illa habitada · Paula Ballesteros-Arias e Cristina Sánchez-Carretero

CAPÍTULO 4 (XXIX)

Os seus lugares

Barrio de Curro

No barrio de Curro sitúase o centro social da illa. Antigamente era onde se atopaba, ademais do embarcadoiro, a antiga fábrica de salgadura dos Riobó, un secadoiro de polbo e as tabernas.

En 1954, esta fábrica xa estaba desmantelada (Portela Pazos 1954, 68) pero no seu momento serviu de aloxamento aos administradores e ao último propietario D. Didio Riobó e tamén ao párroco de Beluso nos días que permanecía na illa. Era un edificio de planta baixa, cunha extensa galería con vistas ao mar. E no curral parece que había un muíño e un forno para o servizo da xente da illa.
En 1965, tras a expropiación da illa xa en mans do Estado e dependendo agora do Instituto Nacional de Colonización, foi cando se construíu o novo centro cívico. O Instituto Nacional de Colonización inicia as súas actividades, como organismo dependente do Ministerio de Agricultura, en outubro de 1939 e a súa creación estivo motivada pola necesidade de efectuar unha reforma social e económica da terra despois da Guerra Civil.

Baixo estes parámetros decídese construír unha nova aldea, ocupando os terreos da fábrica de salgadura, co fin de centralizar os usos públicos e comerciais para un control máis efectivo tanto destas actividades como da súa xente. Así se fai unha nova igrexa, unha nova escola substituíndo a que xa había en Canexol separando agora aos nenos e as nenas, a casa para o mestre, para o cura, para o médico (estas dúas ultimas nunca chegaron a habitarse), reparación dos lavadoiros, construción dun novo lavadoiro comunitario de maior tamaño, e incluso un graneiro que nunca foi utilizado como tal. Esta construción dun novo pobo supuxo unha transformación do espazo e das construcións mesmas e dos hábitos das xentes.

Dende o punto de vista arquitectónico, o deseño das novas construcións son similares ás do resto dos novos pobos feitos nesa época no estado español, é máis, o seu deseño ten que ver máis con pobos do sur da península (paredes brancas, porches, voadizos, patios interiores, dependencias agrícolas como almacéns, graneiros, etc.,) que coa arquitectura galaica.

Hoxe segue a ser o centro social da illa pois parte destas construcións foron adaptadas para as vivendas e dependencias de administración do Parque. Mesmo o Centro de Visitantes da Illa foi feito onde fora a escola.

Igrexa e poboado novo do Curro ( 1965-2012 ). Centro cívico, escolas, casa do cura ( sen cura ), casa do médico ( sen médico ), granxa colectivaA igrexa nova preside o barrio de Curro © Santiago Boado Aguinaga

Se dispón de conexión a internet, recomendámoslle que consulte o vídeo “Ons: mar, terra e identidade” a través desta ligazón

Título: Ons: unha illa habitada

Autor: Ballesteros-Arias, Paula ; Sánchez-Carretero, Cristina

Dispoñibilidade: Descarga gratuita en Apple

Ler tamén: Ons: unha illa habitada

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Area de Nosa Señora, Cíes. Anos 20

Excursionistas, bañistas e gamelas na praia de Nosa Señora ou do Chuco. Este areal está situado fronte ao illote dos Viños na illa do Medio ou Montefaro do arquipélago das illas Cíes. Premer sobre a imaxe para a poder ampliar: [gallery columns="1" size="full"...

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906

O embarcadoiro de Cortegada en 1906 Vella tarxeta postal centenaria que nos mostra o embarcadoiro e parte da aldea da illa de Cortegada, fronte a Carril, no ano 1906, pouco antes da doazón á monarquía e abandono por parte dos seus habitantes. Ao fondo, sobre Carril, o...