As illas Cíes foron coto de caza de perdices e coellos dende primeiros do século XX até os anos 60. Durante este período o coto de caza pasou por distintas concesións. En 1930, os cazadores levantaron un templete na illa de San Martiño que sería bendito nun acto relixioso nesta illa. Hoxe en día, atópase en estado ruinoso tras as dunas do areal de San Martiño, apenas visible por estar rodeado de eucaliptos.
Imaxe:
Foto Pacheco