Cando cae a noite sobre o Parque Nacional
Con esta imaxe nocturna, de Fernando Rey Daluz, do faro das illas Cíes queremos facer fincapé nas posibilidades que ofrecen os distintos arquipélagos do noso Parque Nacional para a observación do ceo. De feito, hoxe en día o Parque Nacional logrou o certificado de Destino Turístico Starlight pola calidade e limpeza dos seus ceos por mor da escasa contaminación lumínica que sobre deles se proxecta. Esta distinción só a comparte en Galicia con Pena Trevinca (A Veiga-Ourense).
O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia certifícase como Destino Turístico Starlight
Pódeche interesar tamén:
Fai clic sobre a imaxe para a poder ampliar:
Imaxe: