Cara leste de Monteagudo ou illa Norte das Cíes

Portada » O Parque Nacional » Cara leste de Monteagudo ou illa Norte das Cíes

Out 1, 2018 | FOTOBLOG, TURISMO

Cara leste de Monteagudo ou illa Norte das Cíes

Vista parcial da illa de Monteagudo ou Norte no arquipélago de Cíes a través dunha imaxe tomada por Paco Álvarez dende a praia de Melide. Nun primeiro plano atopámonos coa punta Robaleira e o seu faro.

O Monte Agudo, no centro da imaxe, acada os 182 metros e sen embargo a cota máxima da illa Norte e mesmo do arquipélago das Cíes está situada no chamado Alto de Cíes, a 198 metros de altitude sobre o nivel do mar, ao norte do Monte Agudo e na mesma illa.

O Alto das Cíes tamén é o punto máis alto dos catro arquipélagos que conforman o noso Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia (Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada). Sen embargo o Monte Agudo é o que acompaña e caracteriza a denominación de illa Norte das Cíes.

Premer sobre a imaxe para a poder ampliar:

Imaxe: © Paco Álvarez

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos