Hoxe celebramos o 18 ANIVERSARIO da declaración do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, que naceu o 1 de xullo de 2002.
E o facemos coa imaxe dun dos seus lugares máis descoñecidos, a illa Malveira Grande no arquipélago de Cortegada, que alberga o bosque litoral de cerquiños (Quercus pyrenaica) máis grande do Noroeste peninsular.
Imaxe destacada: © Arquivo da Luz Atlántica