Ciclo de cine ambiental “Cine en Verde” esta Semana Santa
O Parque nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia continúa en marzo cunha das propostas xa coñecidas da súa programación: o ciclo de cine ambiental Cine en verde. Unha serie de proxeccións coas que queren achegar a oferta audiovisual de cinema vinculado á natureza a toda a familia.
Desta vez contan con dúas propostas para as datas de vacacións de Semana Santa. O venres 30 será o quenda, ás 18 horas, do documental Los bosques del norte, da serie Los desafíos de la Tierra da cadea de televisión británica BBC.
O sábado 31, ás 17 horas, será a proxección do filme El libro de la selva, na súa versión de 2016.
As proxeccións serán en español, con subtítulos neste mesmo idioma.
A organización avisa que só se permitirá á entrada ás proxeccións, no salón de actos do Centro de visitantes da sede da rúa Oliva do Parque en Vigo ata 15 minutos despois da hora de comezo
Imaxe destacada: © Fernando Rey Daluz