Concursos “100 anos de Parques Nacionais, conservando a natureza xuntos“

Portada » O Parque Nacional » Concursos “100 anos de Parques Nacionais, conservando a natureza xuntos“

Out 13, 2016 | ACTUALIDADE

Concursos “100 anos de Parques Nacionais, conservando a natureza xuntos“

Prazo límite: 15/11/2016
Organiza: Organismo Autónomo Parques Nacionais

Co gallo do centenario da primeira Lei de Parques Nacionais, o Organismo Autónomo Parques Nacionais e a Rede Parques Nacionais (Teide, Picos de Europa, Timanfaya, Sierra Nevada, Garajonay, Ordesa e Monte Perdido, Caldera de Taburiente, Aigüestortes i Estany de Sant Maurici, Monfragüe, Doñana, Illas Atlánticas de Galicia, Tablas de Daimiel, Cabañeros, Arquipélago de Cabrera, Sierra de Guadarrama) queren celebralo convidando á comunidade escolar e a súa contorna (escolares, docentes e familias) a participar nos concursos “100 anos de Parques Nacionais, conservando a natureza xuntos”

RELACION DE CONCURSOS e DESTINATARIOS:

A. Escolares de Primaria e primeiro ciclo de Secundaria

1. Deseño dun LOGOTIPO da rede de parques nacionais.

2. Concurso de CONTOS de parques nacionais.

3. Concurso de FOTOGRAFIA de parques nacionais.

4. Concurso de FRASES E ESLOGANES sobre os parques nacionais

5. Concurso de PINTURA e DEBUXO sobre paisaxes e a vida nos parques nacionais.

6. Concurso de REDACCIÓN sobre os parques nacionais españois.

B. Adultos

7. Concurso de deseño de ACTIVIDADES E MATERIAIS DIDÁCTICOS sobre os parques nacionais. A participación está aberta aos docente de centros escolares de EPO e/ou ESO, e tamén a educadores, monitores interpretadores de institucións, asociacións ou entidades, públicas ou privadas.

En todos os concursos, o tema principal serán os Parques Nacionais.
Admitiránse como máximo tres traballos por participante e modalidade.
Para participar é necesario encher a Ficha de inscrición.
CRITERIOS DE VALORACIÓN: os criterios que deberá aplicar o xurado son:

Concepto e coñecemento da Rede de Parques Nacionais.
Calidade na elaboración e presentación dos traballos.
Valorarase a orixinalidade e a adecuación do nivel do traballo á idade do autor ou da autora.
O prazo de recepción dos traballos finaliza o 15 de novembro de 2016, desenvolvéndose outra convocatoria a finais do curso escolar en 2017.

Os traballos pódense enviar por correo-e a escolarcentenariopn@oapn.es, ou correo postal a Organismo Autónomo Parques Nacionais, Servizo de Publicacións, C/ José Abascal, 41 – 28003 Madrid.

Información e inscricións:
Bases dos concursos “100 anos de Parques Nacionais, conservando a natureza xuntos”
Ficha de inscrición

Preme sobre a imaxe para a ampliar:

Imaxe destacada:

© Pedro Figueras/Arquivo da Luz Atlántica

Cíes.gal
Author: Cíes.gal

Redacción Cíes.gal.

Otros artículos